ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES

Número de prazas de novo ingreso: 30

Criterios de acceso e admisión:

Titulacións preferentes:
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Grao en Dereito
Licenciatura en Dereito
Diplomatura en Relacións Laborais
Diplomatura en Graduado Social
Titulado en Ciencias do Traballo
Titulacións non preferentes:
Titulacións da Área de Ciencias Sociales e Xurídicas
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.

Acceso:
Poderán acceder ás ensino oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade de que os devanditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensino de posgrao.

Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo:

  1. O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
  2. Continuación de estudos: libre cun máximo de 75 créditos

Calendario de preinscripción e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na UVIGO, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria. Área académica de Facultad de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Correo-e: posgraoxsh4@uvigo.es. Telf. +34 986 130 219

As prácticas externas desenvolveranse no segundo cuadrimestre no período acordado coa empresa ou entidade colaboradora.

Horario: as clases desenvolveranse os mércores, xoves e venres de 16:00 a 20:00h.

ADMISIÓN:
Destinatarios prioritarios do Máster:

  • Graduados Sociais
  • Diplomados en Relacións Laborais
  • Licenciados en Ciencias do Traballo
  • Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
  • Outros licenciados, diplomados ou graduados, en titulacións afíns.

Criterios de selección: expediente académico.
En todo caso, a Comisión académica resolverá os supostos específicos de admisión.