RESULTADOS

A UVigo ten entre os seus fins prioritarios alcanzar as máximas cotas de calidade tanto en docencia coma en investigación, tal e como indican os seus estatutos. Para cumprir este obxectivo, o Vicerrectorado de Alumnado, Docencia e Calidade dispón dunha Área de Calidade que centraliza e coordina todas as accións levadas a cabo neste ámbito.

Respecto aos resultados académicos obtidos polos alumnos matriculados destaca a creación do Programa para o seguimento do rendemento académico do alumnado da Universidade de Vigo, dispoñible no seguinte enlace:
Programa para o seguimento do rendemento académico do alumnado da Universidade de Vigo

Co fin de facer máis efectiva a implantación deste Programa, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo creouse unha Comisión de Calidade Docente que traballa en coordinación coa área de calidade coa finalidade de facer un seguimento do rendemento académico obtido polos alumnos que cursan estudos no mencionado centro.

Pola súa banda tanto a USC coma a UDC contan con senllas unidades técnicas de Calidade a través das que se leva a cabo a avaliación de todos os aspectos relacionados coa docencia, coa satisfacción dos estudantes, as materias e a titulación xeral. Realízanse enquisas periódicas (cuatrimestrales) tanto a profesores coma a estudantes sobre aspectos relacionados coas competencias adquiridas en cada materia e o desenvolvemento destas.