OBXECTIVOS, COMPETENCIAS E SAÍDAS PROFESIONÁIS

Obxectivos orientación profesional

Preparar profesionais de alto nivel para a xestión dos recursos humanos da empresa, a mediación e auditoría sociolaboral, e todo o relacionado coa seguridade social. Trátase de mellorar a profesionalidade dos ingresados/as en titulacións ou grados relacionados coas relacións laborais.
O título do Máster en Xestión e Dirección laboral incrementará a bagaxe económica das persoas procedentes do grado cun programa multidisciplinar no que se terán que afrontar as materias correspondentes o ámbito das relacións laborais.

Competencias xenerais

COMPETENCIAS XENERAIS:

  • Adquirir un conocimiento amplio das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
  • Desenvolver os conocementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
  • Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
  • Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
  • Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laborais, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
  • Planificar e organizar a prevención dos riscos laborais nas empresas.
  • Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo axeitados a cada situación laboral.
  • Coñecer os dereitos e obligacións dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:

Ante a orientación profesional, o Máster intentará dotar, en cada unha das especialidades, das seguintes competencias específicas:

Especialidad de Xestión Sociolaboral:

  • Asesorar as PYMES no campo sociolaboral.
  • Xestionar todas as cuestións relativas o ámbito das relacións laborais.
  • Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluidas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos.
  • Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
  • Coñecer as obligacións das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
  • Identificar as competencias das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social na xestión de prestacións en España e na Unión Europea.
  • Analizar a Seguridade Social dos traballadores que circulan no ámbito da Unión Europea.

Especialidade de Recursos Humanos:

  • Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nas plantillas.
  • Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa.
  • Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas o contorno multidisciplinar da empresa.
  • Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxetivo a alcanzar.

Especialidade en Dirección Laboral de Empresas:

  • Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral.
  • Adquirir as habilidades propias para xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de alcanzar consensos e acordos.
  • Coñecer as medidas de solución de conflictos o alcance de traballadores e empresarios e resolver cales resultan adecuadas en diferentes situacións.
  • Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un servizo de prevención propio ou alleo e xestionalo.
  • Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador.
  • Adquirir as habilidades necesarias para xestionar as relacións laborais transfronteirizas e transnacionais, tan frecuentes no sur de Galicia.

Saídas

SAÍDAS PROFESIONAIS:
Convén ter en conta que as potencialidades do mercado de traballo de absorber profesionais dos recursos humanos, das relacións laborais, do asesoramento legal nestas materias e da seguridade social é grande. De feito, vén de longo a demanda dos titulados de grao medio e Graduados Sociais e diplomados en Relacións laborais de contar coa posibilidade de ampliar os seus estudos nunha dimensión de avance do seu empleabilidad e da súa situación no mercado de traballo. Ademais dáse a posibilidade desa ampliación aos estudantes que cursasen o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.