PLANIFICACIÓN DAS ENSINANZAS

Estructura das enseñanzas

Para obter o título de Máster en “Xestión e Dirección Laboral” o alumno debe superar 60 créditos ECTS estructurados como segue:

  • Materias obrigatorias xerais. Cursaranse no primeiro cuadrimestre un total de 24 créditos de carácter obrigatorio. Con estas materias aportase ós alumnos a formación conceptual e metodolóxica avanzada necesaria para abordar os contidos impartidos a posteriori mediante as materias obrigatorias de especialidade.
  • Materias obrigatorias de especialidade. Cursaranse no segundo cuadrimestre un total de 24 créditos que conducen á especialización do alumno. Estas materias permitirán ao alumno afondar en contidos, completando a súa formación teórico-práctica no campo da especialización, dirección laboral de empresas. Calquera alumno/a que tivera cursado as materias obrigatorias xerais nalgunha das tres Universidades galegas pode realizar a especialidade pola que opte das que se ofrecen en cada unha delas.
  • Prácticas externas. O alumno cursará un total de 6 créditos en prácticas externas realizadas en empresas, organizacións e institucións que desenvolven actividades relacionadas coa temática do Máster. Estas prácticas posibilitan o desenvolvemento de modos de facer propios do exercicio profesional nestes ámbitos. O programa de prácticas está aberto a tódalas empresas, organizacións e institucións do ámbito da xestión e dirección laboral que queiran participar, aínda que sempre condicionado ao cumprimento duns niveis de formación adecuados aos contidos do Máster.
  • Traballo Fin de Máster. O alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Máster individual, cunha asignación de 6 créditos. Este consistirá na realización dun proxecto do estudio no que se apliquen e desenvolvan os coñecementos adquiridos no Máster. Para presentar o Traballo de Fin de Máster será requisito ter superada a totalidade dos créditos obrigatorios establecidos no plan de estudos. O Traballo Fin de Máster será dirixido por un membro do equipo docente do Máster que exercerá como titor. Tódalas continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia resolveranse segundo a normativa aplicable e, no seu defecto, polas directrices que emanen da Comisión Académica competente.

Módulo Obrigatorio

tabla modulo obligatorio

Especialidade en Xestión Sociolaboral (USC)

tabla regimen sociolaboral

Especialidade en Recursos Humanos (UDC)

tabla RRHH

Especialidade en Dirección Laboral de Empresas (UVIGO)

Prácticas Externas e Traballo Fin de Máster

tabla practicas e FM

PRÁCTICAS EXTERNAS
As prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos e a facilitar o seu acceso ao mundo profesional. As prácticas organízanse e xestiónanse de modo que quede garantida a calidade, o recoñecemento académico e o correcto aproveitamento das mesmas.
Os alumnos contan cun tutor externo, pertencente á entidade na que realizan as prácticas, e cun tutor académico que procederá á avaliación das prácticas segundo a memoria de prácticas presentada polo alumno e o informe emitido polo tutor externo.

METODOLOXÍA:
A docencia impartida no Máster en Xestión e Dirección Laboral ten carácter presencial. Posto que se trata dun Máster de carácter profesionalizante, o contacto directo dos estudiantes cos profesionais de recoñecido prestixio que o imparten supón unha parte máis da aprendizaxe.
Non obstante, e a modo de apoio técnico, a Universidade de Vigo conta coa plataforma telemática TEMA (dentro do servizo de teledocencia da Universidade de Vigo, FAITIC): unha plataforma de comunicación e colaboración entre estudiantes e docentes na que se porán a disposición dos primeiros materiais de interese –normativa de aplicación, esquemas, supostos prácticos…

1SG 1º Semestre de Titulaciones de Grado/Máster
2SG 2º Semestre de Titulaciones de Grado/Máster
AN Anual de Titulaciones de Grado/Máster
FB Formación Básica
OB Obligatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primer Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sin Docencia (En Extinción)/No Matriculable (Solo Repetidores)
EXMX Sin Docencia (En Extinción)/No Matriculable (Solo Planos en Extinción)
NINM Sin Docencia (No Implantada)/No Matriculable
OFMR Sin Docencia (Ofertada)/No Matriculable (Solo Repetidores)
OFNM Sin Docencia (Ofertada)/No Matriculable
XTNM Sin docencia (Extinguida)/No Matriculable

Guardar