O sistema de garantía da calidade aplicable ao Título de Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral seguirá as liñas xerais marcadas polo Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da 3 Universidades participantes, particularizado para o Centro.
Os órganos responsables do SGIC estrutúranse en dous niveis:
- A nivel central, cabe destacar o papel do Vicerrectorado de Calidad e Planificación e da Comisión de Calidade Delegada do Conselo de Goberno
- No Centro cabe destacar o papel do/a Decano/a ou Director/a de Centro, a Comisión de Calidade do Centro (CCC), o/a Responsable de Calidade (membro do Equipo de Dirección do Centro) e o/a Coordinador/a de Titulación/é.
EVALUACIÓN E MELLORA DE CALIDADE
A avaliación da docencia intégrase dentro do obxectivo da busca da mellora continua da calidade das ensinanzas impartidas, e inclúe por unha parte a análise da satisfacción dos estudantes coa docencia que reciben e, por outra, a satisfacción do profesorado que a imparte.
- Avaliación do profesorado por parte do alumnado: A avaliación da docencia por parte do alumnado realízase a través de enquisas para coñecer a súa opinión, e o resultado da súa implantación é un informe que se difunde á comunidade universitaria no que se recollen os resultados obtidos. Este proceso intégrase no proceso global de avaliación da actividade docente, cuxo Manual foi validado recentemente pola ANECA. No citado Manual figuran todos os elementos que dan cumprimento a este apartado. http://www.usc.es/~Calidad/doc/docentia_manual_usc.pdf
- Autoavaliación do profesorado: A satisfacción do profesorado en relación ao proceso de docencia avalíase mediante a cumprimentación dunha enquisa e ao igual que no caso da avaliación da satisfacción do alumno, o informe final dos resultados obtidos é publicado ante a comunidade universitaria dando así resposta ao proceso de información pública. Os informes resultantes da avaliación e a autoavaliación serán analizados pola Comisión de Título, e o resultado desta análise e as propostas de mellora que afecten ao proceso e ao plan de estudos serán incorporados á Memoria Anual de Título.
- Procedementos de revisión e mellora da calidade do ensino: Dentro do SGIC documentouse no sistema o proceso de Revisión da eficacia e mellora do Título, cuxo obxecto é establecer a sistemática para revisar e mellorar a programación e desenvolvemento das titulacións oficiais, de cara a garantir non só o cumprimento dos obxectivos establecidos nos seus programas formativos senón a actualización destes para lograr o cumprimento das expectativas e necesidades, actuais e futuras, dos seus grupos de interese.