Master acreditado pola ACSUG
O Máster Oficial Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral foi promovido no ano 2006 polas tres Universidades do Sistema Universitario Galego. Avaliado favorablemente pola ACSUG e autorizada a súa implantación pola Xunta de Galicia (DOG de 8/02/2007, BOE 14/06/2007), o Máster impártese nas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo dende o cuso 2007/2008. Posteriormente dende a publicación do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se procede á ordenación das ensinanzas Universitarias Oficiais, o Máster foi verificado polo Consello de Universidades.
Cada Universidade imparte unha das tres especialidades en que o Máster se estrutura:
. UNIVERSIDADE DE VIGO: ESPECIALIDADE EN DIRECCIÓN LABORAL DE EMPRESAS.
. Universidade de Santiago de Compostela: Especialidade en Xestión Sociolaboral.
. Universidade da Coruña: Especialidade en Recursos Humanos.