En canto aos procedementos e requisitos de admisión, os destinatarios prioritarios deste Máster son os seguintes:
- Graduados Sociais
- Diplomados en Relacións Laborais
- Licenciados en Ciencias do Traballo
- Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Os criterios de selección fixados pola Comisión do Máster inclúen a valoración do expediente académico.
Documentación solicitada
Para facer efectiva a súa matrícula, deberá entregar a seguinte documentación na ÁREA DE POSGRAO DO ÁMBITO XURÍDICO SOCIAL E HUMANIDADES (FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCCIÓN):
- Fotocopia do pasaporte ou
- Certificación oficial de estudos.
Para calquera consulta: posgraoxsh1@uvigo.es ou posgraoxsh4@uvigo.es
telf. 986 130 220 / 986130219
MATRÍCULA EN ESTUDOS DE MÁSTER. CURSO 2024/25
Mobilidade
A mobilidade dos/ás estudantes está regulada a través do «Regulamento de intercambios interuniversitarios». A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional