DESTINATARIOS

Este Máster está destinado principalmente a aquelas persoas que queiran especializarse en ámbito das Relacións Laborais e Recursos Humanos da empresa, a mediación e auditoría sociolaboral. Trátase dun postgrao multidisciplicar no que se afrontan materias correspondentes ao ámbito das relacións laborais.

Criterios de acceso e admisión:

Titulacións preferentes:
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Diplomatura en Relacións Laborais
Diplomatura en Graduado Social
Titulado en Ciencias do Traballo
Titulacións non preferentes:
Titulacións da Área de Ciencias Sociale e Xurídicas
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.

Acceso:

Poderán acceder ás ensino oficiais de máster:

  1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
  2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade de que os devanditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensino de posgrao.

Poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, logo de comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrao.

O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de máster.

A selección dos alumnos rexerase pola normativa xeral de xestión académica de cada universidade.

No caso da Universidade de Vigo, a normativa figura en:
http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=view&id=439Itemid=165 e, máis en concreto, nos criterios establecidos polo Regulamento de estudos oficiais de postgrao da UVigo: http://webs.uvigo.es/victce/images/documentos/normativas/Uvigo/regulamentoestudosposgrao_16abril2010.pdf

No caso da USC a normativa figura en:
http://www.usc.es/gl/normativa/xestionacademica/index.html e, máis en concreto, nos criterios establecidos polo Regulamento de estudos oficiais de postgrao da USC http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrodoces/eees/descarga/rglestudosoficiaisposgrao.pdf
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrodoces/eees/descargas/rrdesregue
studosposgrao.pdf

No caso da UDC a normativa figura en:
http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sobreUDC/documentos/docu
mentacion_xeral/normativa_academica/arquivo5493.pdf e, máis en concreto, nos criterios establecidos polo Regulamento de estudos oficiais de postgrao da UDC
http://www.udc.es/sobreUDC/documentos/documentacion_xeral/normativa_aca
demica/regulamento_estudos_posgrao_oficiais.html
http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sobreUDC/documentos/docu
mentacion_xeral/normativa_academica/Norm_mestrados.pdf