PROCEDEMENTOS DE MELLORA

Dentro do SGIC documentouse no sistema o proceso de Revisión da eficacia e mellora do Título, cuxo obxecto é establecer a sistemática para revisar e mellorar a programación e desenvolvemento das titulacións oficiais, de cara a garantir non só o cumprimento dos obxectivos establecidos nos seus programas formativos senón a actualización destes para lograr o cumprimento das expectativas e necesidades, actuais e futuras, dos seus grupos de interese.

Os Centros por medio da Comisión de Titulo, realizan un seguimento sistemático do desenvolvemento de cada programa formativo tomando como referencia a Memoria de Deseño do Título, dende os obxectivos ata o contido e os resultados académicos resultantes, co fin de comprobar que o plan de estudos se está a levar a cabo de acordo co seu proxecto inicial e que se están a obter os resultados académicos previstos, comproba ademais que non existiron baleiros e duplicidades entre os programas impartidos. Analiza así mesmo a eficacia da coordinación entre docentes, e as posibles incidencias relacionadas coa falta de coordinación docente de cara a implantar melloras neste proceso.

A devandita análise quedará documentada na Memoria Anual de Título, que inclúe un apartado onde se recollen as accións a realizar para corrixir ou mellorar os resultados obtidos en cada un dos apartados analizados, así como a súa planificación.

Procedemento para a revisión e mellora das titulacións, ambos os dous dispoñibles en: http://webs.uvigo.es/victce/images/documentos/MEMORIAS_DEFINITIVAS/UVIGrado_en_Derecho.pdf