PROCEDEMENTOS CLAVE

As actuacións dirixidas a verificar a garantía de calidade dos programas formativos ofrecidos polo Centro teñen varios procedementos asociados no SGIC. En concreto, trátase dos seguintes procedementos:

  • PE03: Deseño da oferta formativa da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
  • PC01: Procedemento de garantía de calidade dos programas formativos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
  • PC02: Procedemento de revisión e mellora das titulacións
  • PC03: Procedemento de definición de perfís e captación de estudantes
  • PC04: Procedemento de selección-admisión e matriculación de estudantes
  • PC13: Procedemento de Información Pública
  • PA04: Procedemento de Xestión e Revisión de incidencias, reclamacións e suxestións
  • PM01: Procedemento de medición, análise e mellora

A avaliación da docencia intégrase dentro do obxectivo da busca da mellora continua da calidade das ensinanzas impartidas na USC, e inclúe por unha parte a análise da satisfacción dos estudantes coa docencia que reciben e, por outra, a satisfacción do profesorado que a imparte.

Entre os procedementos clave da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo descritos no seu SGIC figuran varios cuxa finalidade é facer un seguimento e avaliación dos resultados da aprendizaxe con vistas á mellora continua da calidade deste. A este respecto pódense mencionar os seguintes:

  • PC 06: Planificación e desenvolvemento do ensino
  • PC 07: Avaliación das aprendizaxes

Estes procedementos poden ser consultados en: http://webs.uvigo.es/victce/images/documentos/MEMORIAS_DEFINITIVAS/UVIGrado_en_Derecho.pdf