O alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Máster individual, cunha asignación de 6 créditos. Este supoñerá a realización dun proxecto ou estudo no que se aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no Máster. Para presentar o Traballo de Fin de Máster será requisito ter superado a totalidade dos créditos obrigatorios establecidos no plan de estudos. O traballo deberá permitir avaliar os coñecementos e capacidades adquiridas polos estudantes nos ámbitos de coñecemento do Máster, e promover a iniciación en tarefas investigadoras. Será dirixido por un membro do equipo docente do Máster, que exercerá como titor. Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicable, e no seu defecto, polas directrices que emanen da Comisión Interuniversitaria do Máster.
-
Entradas recientes
Calendario
enero 2021 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Archivos
Categorías