INSCRICIÓN E MATRÍCULA

Curso 2016-2017

Unha vez que se produciu a admisión dos alumnos, por parte da Comisión do Máster, estes deben proceder a formalizar a súa matrícula nas seguintes datas:

  • Primeiro prazo do 21  de xuño ao 3 de xullo
  • Segundo prazo do 25 de agosto ao 3 de setembro

INFORMACIÓN SOBRE MATRÍCULA:
Área Académica da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Correo electrónico: secxuridicas@uvigo.es
Tlf.: 986 81 38 31

Prezo

Os prezos dos másteres oficiais veñen determinados polas Comunidades Autónomas mediante a publicación dun Real Decreto. Para fixar os prezos, distínguese entre os Másters pertencentes ás áreas das Ciencias Experimentais da Saúde e Ensinanzas Técnicas e os das áreas das Ciencias Sociais e Xurídicas-Humanidades.

Texto do Decreto publicado no DOGA (358/2009, do 9 de xullo) polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2009/20010