REQUISITOS DE ADMISIÓN

En canto aos procedementos e requisitos de admisión, os destinatarios prioritarios deste Máster son os seguintes:

  •  Graduados Sociais
  • Diplomados en Relacións Laborais
  • Licenciados en Ciencias do Traballo
  • Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Os criterios de selección fixados pola Comisión do Máster inclúen a valoración do expediente académico.

Documentación solicitada

Para facer efectiva a súa matrícula, deberá entregar a seguinte documentación na secretaría da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo:

  • Fotocopia do pasaporte ou
  • Certificación oficial de estudos.

MOI IMPORTANTE: A documentación debe entregarse fisicamente na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, dentro dos prazos que se mencionaron.

Para calquera consulta: secxuridica@uvigo.es

telf. 986 81 38 31

MATRÍCULA EN ESTUDOS DE MÁSTER. CURSO 2017/2018

Mobilidade

A mobilidade dos/ás estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional